PLAY. Ausência. Cesária Évora.


Ausencia, ausencia...

Se tan só tivera ás para voar a través da distancia.
Se tan só fose unha gacela para correr sen cansazo algún.
Entón podería amencer no teu peito
e nunca máis a ausencia sería a nosa realidade.


Pero só nos meus pensamentos podo viaxar sen medo
e a miña liberdade téñoa só nos meus soños.
Nos meus soños son forte e teño a túa protección.
E teño só o teu cariño e o teu sorriso.
Ai... sinto a soidade.


Así como o sol so no alto pode resplandecer
tamén pode cegar co seu fulgor,
sen saber a onde iluminar,
nin ningún lugar a onde ir.


Ai... soidade, é o meu destino.


Ausencia, ausencia...